Thursday 16 de May de 2024

O martes abre o prazo de inscrición para a ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume


O sábado día 22 de outubro o Concello organiza unha ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume, con visita turística ao Museo etnográfico da Capela e ao Mosteiro de Caaveiro. Para inscribirse é preciso cubrir un formulario na web do Concello a partir do martes 11 de outubro ás 10:00 horas. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

A ruta irá desde O Gallel ata As Neves percorrendo o Parque natural das Fragas do Eume. A distancia a percorrer é de 13 km e está cualificada como de dificultade media.

A actividade ten un custo de 22 euros e está dirixida á persoas maiores de idade, tendo preferencia as persoas empadroadas en Oleiros. Para obter máis información é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.